O conselleiro do Medio Rural clausurou hoxe a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación da 1ª Transformación da Madeira de Lugo

A Axencia Galega da Industria Forestal destinou preto de 25 millóns de euros en axudas públicas dende o seu traspaso á Consellería do Medio Rural

José González definiu o sector como “un dos máis fundamentais”, xa que contribúe a paliar o cambio climático e fixar poboación rural

Fixo fincapé na necesidade de configurar unha Administración forestal forte, consolidade, activa e coordinada
 

Lugo, 27 de outubro de 2023

A Axencia Galega da Industria Forestal destinou preto de 25 millóns de euros en axudas públicas dende a súa adscrición á Consellería do Medio Rural no ano 2022. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a clausura da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación da 1ª Transformación da Madeira en Lugo, convocada para cambiar a Xunta Directiva e nomear presidenta a María del Carmen Gayoso.

En primeiro lugar, agradeceu o labor desenvolvido nos últimos anos por esta entidade e polo seu ex-presidente, Daniel Díaz, ao que agradeceu unha “actitude de cooperación e busca compartida de acordos para buscar o mellor para o monte” poñendo de relevo a importancia da colaboración público-privada, que permitiu poñer en marcha o Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira asinado este mércores, co obxectivo de responder unha vez máis ás demandas do sector. No acto, o conselleiro estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Este Plan ten como obxectivo elaborar unha folla de ruta que responda ás necesidades e demandas da realidade do tecido industrial na nosa comunidade, un fin que só se pode acadar a través da cogobernanza e a colaboración con entidades que estean implicadas de cheo neste eido.

Durante a súa intervención, José González definiu o sector forestal “un dos máis fundamentais de Galicia”, xa que contribúe a cuestións como paliar o cambio climático e a fixar a poboación rural. Neste sentido, o titular de Medio Rural fixo fincapé na necesidade de configurar unha administración forestal forte, consolidada, activa e coordinada.

Neste sentido, o persistente compromiso do Goberno galego con esta industria, traducido liñas de axudas que buscan apoiar e consolidar ao sector. Seguindo esta liña, afirmou que nos últimos anos a Consellería do Medio Rural publicou, case cada mes, unha convocatoria de achegas públicas para este eido.

Apoio ao sector forestal

Entre elas, destacan os 2,5 millóns de euros para investimentos de ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira; ou os 14,1 millóns de euros en investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, o maior importe dunha convocatoria deste tipo.

Con todo, a Axencia volverá incrementar o orzamento -ata chegar aos 2,4 millóns- para axudas ás actividades en materia de valorización e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que utilicen a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal. Tamén se convocarán outros 11 millóns de euros pa do seu orzamento a investimentos para a construción de tecnoloxías forestais, unha medida incluída nos orzamentos da Consellería do Medio Rural para 2024. Incrementarase esta partida en máis dun 100%. Ademais, unha porcentaxe mínima das edificacións públicas impulsadas pola Xunta de Galicia utilizarán madeira estrutural. 

A maiores, a Consellería do Medio Rural xa está a traballar nun novo paquete de axudas á industria forestal; con achegas, entre outras, á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas galegas e do contract ou subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Crearase tamén unha nova liña específica para a dixitalización das empresas do sector forestais en Galicia e para realizar investimentos necesarios que lle permitan ás empresas acudir dun xeito máis sinxelo e económico aos seguro da súa maquinaria e instalación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023