Arias destaca o traballo de Fademga e Aspanane e confirma que a Xunta incrementará os recursos para entidades deste ámbito

Burela (Lugo), 27 de outubro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da IV Xornada saúde mental e discapacidade intelectual, que organizan no Hospital da Costa a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento -FADEMGA Plena inclusión Galicia- e a asociación Aspanane de Viveiro.

O delegado gabou o labor que ambas desenvolven, e confirmou que o novo concerto social permitirá ofrecer maior estabilidade a este tipo de entidades, incrementando os recursos e o importe por cada praza concertada.

A Xunta financia este ano máis de 2.400 prazas de atención que xestionan as asociacións integradas en FADEMGA en toda Galicia, cun orzamento de máis de 6 millóns de euros que practicamente dobra o do 2022. 60 destas prazas concertadas corresponden a Aspanane: 20 no Centro de día e 40 no Centro ocupacional en Viveiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023