A Xunta pon en valor a calidade dos produtos do mar galego no interior a través da celebración do II Foro Galicia Sabe Amar en Ourense

Ourense, 26 de outubro de 2023

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inaugurou hoxe o II Foro GALICIA SABE AMAR sobre Investigación e Formación. Esta xornada é a segunda das cinco que se van a levar a cabo repartidas polo territorio galego e que busca poñer en valor non so os produtos do mar senón tamén os beneficios que pode ter o consumo dos mesmos dentro dunha dieta saudable.

Antonio Basanta puxo de manifesto a importancia de seguir apostando pola investigación para manter a Galicia coma un dos máximos expoñentes en canto á calidade dos produtos do mar. O director xeral tamén destacou que a celebración de eventos deste tipo, cunha programación na que compartan espazo as mesas redondas, showcookings ou degustacións, constitúen o xeito de contribuír a achegar o mundo do mar a zonas do interior co obxectivo de facer unha promoción do consumo dos seus produtos por toda a xeografía galega.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 26/10/2023