O Consorcio Casco Vello de Vigo aproba o seu Plan de investimentos e financiación para 2024 tras dous anos bloqueado polo concello

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a rectificación do posicionamiento municipal contra a rehabilitación de edificios para destinar a vivenda de protección

O consello de administración do CCV, celebrado no Edificio Redeiras do Berbés, saca adiante unha partida de 3,2 millóns de euros para continuar coa recuperación do barrio histórico vigués

Vigo, 26 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, presidiu este xoves o consello de administración do organismo autónomo no que se aprobou o Plan de Actuación, Investimentos e Financiamento (PAIF) do próximo exercicio 2024 tras dous anos bloqueado polos representantes municipais. A representate autonómica destacou a rectificación do posicionamiento do Concello de Vigo que estaba a impedir a rehabilitación de edificios para destinar a vivenda de protección.

“Non houbo ningún tipo de cambio substancial respecto dos anteriores exercicios e a proposta de incluír os remanentes é, nin máis nin menos, a mecánica habitual á hora de elaborar o orzamento, a mesma á que se opuxeron durante os dos últimos anos”, sinalou a delegada territorial

O organismo, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, contará cunha partida total de 1.780.065,00€. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativo.

Ademais, a cifra de investimento pode incrementarse en 1,3 millóns de euros no caso de que se aprobase a aplicación de fondos de remanentes. O PAIF 2024 contempla, en concreto, investimentos na rehabilitación de seis edificios (Elduayen, 31; Ribeira do Berbés, 39; Subida ao Castelo, 9; Elduayen, 39-Ferrería 16; Hortas, 2-4 -San Sebastián, 20 e Rúa Alta, 8-14) o que permitirá crear un total de 22 novas vivendas na zona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2023