A Xunta remata as obras de reforzo do abastecemento de auga en varios núcleos do municipio de Valga cun investimento de máis de 183.000 euros

Coas intervencións levadas a cabo ampliouse a rede de abastecemento para o núcleo de Raxoi e executouse o encontro de trazados da rede de San Miguel

Na intervención tamén se substituíu a rede de abastecemento nos núcleos de A Torre-O Coto, Castiñeiras, A Devesa, Vilarello e A Torre-Mina Mercedes

Augas de Galicia entregoulle hoxe estas infraestruturas hidráulicas ao Concello, que dotan aos veciños deste núcleos dun servizo axeitado de abastecemento de auga potable

As intervención forman parte da colaboración entre a Xunta, que achegou o 80% do investimento, case 147.000 euros, e o Concello, que contribuíu co 20% restante

A Xunta continúa prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas competencias en materia de auga dun xeito eficiente

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de reforzo da rede de abastecemento de auga potable en varios núcleos do municipio de Valga, tras un investimento de máis de 183.000 euros.

As obras realizadas leváronse a cabo nas parroquias de Valga, Campaña e Cordeiro. De xeito máis concreto, os traballos consistiron na ampliación da rede de abastecemento para o núcleo de Raxoi e na execución do encontro de trazados da rede de San Miguel.

A intervención tamén permitiu a substitución da rede de abastecemento nos núcleos de A Torre-O Coto, Castiñeiras, A Devesa, Vilarello e A Torre-Mina Mercedes.

A Xunta entregoulle hoxe as infraestruturas hidráulicas ao Concello, que dotan aos veciños deste núcleos dun servizo axeitado de abastecemento de auga potable.

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Valga.

Mediante esta colaboración, Augas de Galicia cofinanciou a actuación nun 80% coa achega de case 147.000 euros. O Concello de Valga contribuíu ao financiamento do 20% restante, preto de 37.000 euros.

Estes traballos contaron con financiamento europeo no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á covid-19.

A Xunta continúa prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas competencias en materia de auga dun xeito eficiente.

 

Data de actualización: 26/10/2023