A Xunta apoia a sexta edición do Cross Nacional Ponte Romana, que se celebra en Lugo os días 4 e 5 de novembro

Lugo, 26 de outubro de 2023 A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, apoia a sexta edición do Cross Nacional Ponte Romana, que se desenvolverá os días 4 e 5 de novembro na contorna do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na presentación da proba, da que destacou o nivel dos atletas participantes e o elevado número de inscritos nas diferentes categorías -a organización agarda que sexan arredor de 800 -.

Arias felicitou aos organizadores polo seu traballo para “consolidar esta cita como unha referencia no campo a través en Galicia e no noroeste peninsular”; e gabou tamén a decisión de homenaxear este ano á atleta lucense Alessandra Aguilar por todos os éxitos acadados durante a súa traxectoria deportiva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2023