A delegada da Xunta supervisa as obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos que o Goberno galego leva a cabo na praza da Oliva e nas rúas do recinto amurallado

Vigo, 24 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou as obras de humanización da Fortaleza de Salvaterra que acomete o Goberno galego cun investimento de 528.000 euros. Durante o percorrido pola praza da Oliva e as rúas do recinto amurallado xunto á alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, a representante autonómica supervisou os traballos que se levan a cabo.

 

Segundo explicou Ana Ortiz, a actuación localizada na fortificación de San Lourenzo supón a terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas. Neste caso, o proxecto inclúe a repavimentación, o soterrado de redes e a revisión e dotación de novas infraestruturas urbanísticas.

Para levar a cabo este proxecto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aporta un financiamento do 60 % do orzamento mentres que Turismo de Galicia achegará o 40 % restante.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/10/2023