A Xunta asiste á estrea do documental Entre fíos e raíces para concienciar contra o idadismo e apoiar ás mulleres maiores que viven no rural

Ourense, 24 de outubro de 2023

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe á estrea da curtametraxe documental ‘Entre fíos e raíces’, impulsado pola Asociación Trebellos de Mediación co apoio da Xunta de Galicia. O primeiro pase desta cinta, na que se conta a experiencia de varias mulleres maiores que viven no rural, tivo lugar nos cines do centro comercial Ponte Vella de Ourense.

A curtametraxe ten como escenario Castrelo de Miño e o seu obxectivo é combater o idadismo e apoiar ás mulleres no rural. As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/10/2023