A Xunta enxalza en Avión a saúde e a calidade de vida que están detrás do consumo dos produtos do mar cos petiscos da campaña de ‘GALICIA SABE AMAR’

Avión (Ourense), 23 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que fixo parada no concello ourensán de Avión, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que contribuirá a elevar a calidade de vida dos seus consumidores. O titular de Mar estivo acompañado polo rexedor do municipio, Antonio Montero, e destacou o valor da alimentación saudable en base ás materias primas que aporta o sector marítimo-pesqueiro galego e congratulouse polo éxito desta iniciativa que xa percorreu boa parte do territorio galego chegando xa a máis de 270.000 persoas e superando o milleiro de degustacións dos seus petiscos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2023