Arias mantén un encontro coa presidenta da AECC en Lugo para buscar novas colaboracións coa Xunta

Lugo, 23 de outubro de 2023

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, recibiu esta mañá a María Luz Abella, presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo.

Nesta xuntanza analizáronse as campañas realizadas a semana pasada con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama, co fin de sensibilizar sobre esta doenza e recadar fondos para axudar aos enfermos e ás súas familias.

Do mesmo xeito, valoráronse próximos apoios da Xunta de Galicia para soster novas actividades solidarias que a entidade social organizará nos vindeiros meses.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2023