A Xunta inviste 500.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo

Vigo, 23 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo para coñecer os traballos que comezarán de forma inmediata para a mellora de eficiencia enerxética do edificio. Durante o percorrido polo centro educativo xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a representante autonómica supervisou os traballos que se van a levar a cabo.

 

A obra, que ten un prazo de execución aproximado de catro meses, inclúe a renovación de carpinterías exteriores (fiestras e portas) que xa quedaron obsoletas. Os traballos permitirán dispoñer de peches con mellores prestacións, tanto térmicas como acústicas, e no caso do salón de actos incorpora un mecanismo motorizado para a apertura das ventás. Na visita, a delegada tamén coñeceu as iniciativas que leva a cabo o alumnado a través de actuacións como os polos creativos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2023