A Xunta destaca a contribución das confrarías de pescadores na transformación do sector marítimo-pesqueiro ante os novos desafíos

Soutomaior (Pontevedra), 21 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sinalou a importante labor que realizan as confrarías de pescadores na transformación e modernización do sector e destacou a importancia de que se teña en conta aos profesionais á hora de desenvolver as políticas pesqueiras. O titular de Mar realizou estas manifestacións na Xunta Xeral da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra celebrada este sábado en Arcade, no concello de Soutomaior á que foi convidado polo seu presidente, José Manuel Rosas.

Alfonso Villares destacou tamén o traballo conxunto entre os pósitos e a Consellería do Mar citando como exemplo a rede pioneira posta en marcha fai un entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia (Redemar) co obxectivo de ter o mellor asesoramento científico que permita enfrontar os efectos do cambio climático e garantir a sustentabilidade da actividade. Tamén sinalou o traballo do Goberno galego na articulación de diferentes liñas de axuda ao sector así como a creación o ano que ven dunha rede de oficinas na costa que asesore e axude na tramitación das axudas europeas do novo Fempa.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 21/10/2023