A Xunta adxudica preto de 70.000 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos industriais

O importe de adxudicación foi de 7,15 millóns de euros despois de descontar as bonificacións aplicables sobre o prezo de venda, por máis de 3,3 millóns de euros

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2023

A Xunta adxudicou un total de 69.917,5 metros cadrados de solo empresarial en 5 polígonos, con bonificacións no prezo de venda por importe de máis de 3,3 millóns de euros. O prezo de adxudicación das parcelas, unha vez descontada a bonificación, foi de 7,15 millóns de euros.

A meirande parte das parcelas adxudicadas corresponden ao parque de Morás, en Arteixo, onde se adxudicaron 10 a 3 empresas dedicadas á fabricación de cadros eléctricos, á produción, almacenamento e distribución de hidróxeno verde renovable e a terceira a transporte e loxística.

Na área empresarial de Bértoa (Carballo), adxudicouse unha parcela a unha empresa do sector de montaxe e reparación de portas eléctricas.

No parque da Sionlla, en Santiago, adxudicáronse 2 parcelas a empresas destinadas ao comercio de produtos alimenticios e bebidas e ao transporte de mercadorías por estrada. Ademais, a parcela adxudicada en Negreira corresponde a unha empresa de almacenamento, mantemento e reparación de camións e escenarios móbiles.

Finalmente, no polígono lucense das Gándaras adxudicáronse 2 parcelas a empresas dedicadas a centro loxístico dunha empresa de transporte de viaxeiros e á venda de produtos de alimentación e droguería.

PARQUE
NÚMERO PARCELAS
SUPERFICIE m2
IMPORTE €
BONIFICACIÓN €
Arteixo
10
52.419,00
5.945.014,60
2.547.863,40
Carballo
1
992,00
45.602,24
45.602,24

A Sionlla

2
6.026,50
628.563,95
269.424,55
Negreira
1
3.141,00
151.710,30
65.018,70

As Gándaras

2
6.339,00
380.340,00
380.340,00
TOTAL
16
68.917,50
7.151.231,09
3.308.248,89

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2023