Rivo visita na sede da valedora do pobo a exposición ‘Mulleres, símbolo do rural’ elaborada pola Escola rural de saúde da Limia

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a exposición itinerante Mulleres, símbolo do rural elaborada pola asociación Escola rural de saúde da Limia e que se pode visitar na sede da Valedora do Pobo en Santiago de Compostela.

A mostra, resultado dunha investigación iniciada en 2021, pretende visibilizar a contribución das mulleres rurais á vida e ao desenvolvemento de Galicia, a través dos testemuños de mulleres de esferas como a saúde, a migración, o emprendemento, a preservación do patrimonio cultural ou as institucións públicas, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2023