A Xunta destaca a importancia do dereito laboral como garante de emprego de calidade

Ferrol, 20 de outubro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na apertura do I Seminario Dereito Laboral e Seguridade Social, organizado polo Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.

 

Na súa intervención, Diego Calvo destacou a importancia do Dereito Laboral como “garante do dereito e o deber constitucional de traballar”. O vicepresidente primeiro referiuse á necesidade de promover o emprego de calidade, para o que é precisa a colaboración de todos axentes implicados. Nesta liña, referiuse ao colectivo profesional da avogacía como “puntal básico e motor da xustiza social”. Calvo incidiu tamén na importancia de apoiar accións formativas como a de hoxe, na que se abordan temas que precisan de revisión constante, como a perspectiva de xénero ou a negociación colectiva, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2023