A Xunta enxalza en A Bola a saúde e a calidade de vida que están detrás do consumo dos produtos do mar cos petiscos da campaña de ‘GALICIA SABE AMAR’

A Bola (Ourense), 19 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao concello ourensán de A Bola, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que contribuirá a elevar a calidade de vida dos seus consumidores. O titular de Mar e os seus acompañantes na visita, o delegado da Xunta na provincia, Gabriel Alén, e a alcaldesa, María Teresa Barge, quixeron ser tamén partícipes da conmemoración do día internacional da loita contra o cancro de mama lucindo o lazo rosa desta iniciativa que se celebra da Organización Mundial da Saúde (OMS). 

Ademais de destacar o valor da alimentación saudable en base ás materias primas que aporta o sector marítimo-pesqueiro galego, Alfonso Villares lanzou en terras ourensás a mensaxe de que esta promoción debería reforzase cunha baixada do IVE que contribúa a elevar o consumo de pescados, mariscos e conservas. En canto á propia campaña de GALICIA SABE AMAR destacou o seu éxito, pois chegou xa a máis de 270.000 persoas e superou o milleiro de degustacións dos seus petiscos.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2023