A Xunta investirá 1 M€ na mellora da base aérea contra incendios de San Xoán de Río

San Xoán de Río (Ourense), 19 de outubro de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez, realizou hoxe unha visita á base de medios aéreos da Xunta situada nesta localidade ourensá e na que se vai investir 1 millón de euros, con cargo aos orzamentos de 2024, para a súa remodelación.

O director xeral puxo en valor o importante labor do persoal destas instalacións na loita contra o lume e lembrou que as actuacións, que está previsto iniciar xa este mesmo ano, para telas listas no vindeiro, permitirán, entre outras melloras, habilitar dous espazos diferenciados na base; un para brigadas de prevención e defensa contra incendios e outro específico para pilotos de helicópteros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2023