Arias participa no acto institucional celebrado en Lugo polo Día Mundial contra o cancro de mama

Lugo, 19 de outubro de 2023

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe no acto institucional celebrado na Praza Maior de Lugo con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama.

 

No marco desta xornada, Arias gabou o traballo da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) lucense para mellorar a vida das persoas tralo impacto causado por esta enfermidade; e puxo en valor o labor dos investigadores e da sanidade pública galega na prevención e na loita contra o cancro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2023