A Xunta destaca o traballo conxunto feito con Aspanaes para seguir mellorando a atención ás persoas con espectro autista

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe as instalacións desta entidade en Monte do Gozo

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, garantiu hoxe que o Executivo autonómico seguirá traballando da man das entidades para mellorar a atención ás persoas con espectro autista. Díxoo na visita ás dependencias de Aspanaes en Monte do Gozo, onde contan cun centro de día especializado e outras instalacións dirixidas ao turismo cedidas pola Xunta de Galicia.

 

A directora xeral, que aproveitou a visita para entrevistarse co novo director—xerente de Aspanaes, Daniel Viéitez, destacou que canto mellor comprendamos a situación das persoas con espectro autista mellor poderemos actuar na eliminación das barreiras e estigmas que aínda a día de hoxe dificultan o seu pleno desenvolvemento social. Neste sentido, Begoña Abeijón agradeceu os máis de 40 anos de traxectoria da entidade e lembrou que a Xunta financia 28 prazas no centro de día que ten Aspanaes no Monte do Gozo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2023