O delegado territorial da Xunta visita as obras do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense, 18 de outubro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as obras de remodelación do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que principiaron en xullo de 2019 promovidas polo Ministerio de Cultura e Deporte.

O museo, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, ten a súa sede principal no Pazo do Bispo, situado na Praza Maior de Ourense, e alberga unha importante colección de fondos de diversas tipoloxías e de gran riqueza para Ourense e para Galicia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2023