A Xunta incide no traballo coa poboación moza para avanzar na igualdade nunhas xornadas organizadas pola Anpa do Ceip Frei Luis de Granada de Sarria

Sarria (Lugo), 17 de outubro de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe nas Xornadas de sensibilización familiar sobre a igualdade desde unha perspectiva socio-educativa, organizadas pola Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Frei Luis de Granada.

 

A xornada, apoiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, enmárcase no programa que o centro desenvolve baixo o título Convivindo na igualdade e que vai dirixido al alumnado das etapas de infantil, primaria e educación secundaria, así como ao conxunto da comunidade educativa, familias e ámbito do deporte. A secretaria xeral da igualdade puxo en valor o firme compromiso da Xunta de Galicia de traballar coa poboación moza na sensibilización contra todo tipo de violencias e a favor da igualdade de oportunidades,  como único camiño para o cambio cultural que precisa a sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2023