A Xunta avalía coa Federación Galega de Comercio as prioridades do sector para dinamizar a súa actividade

Lugo, 17 de outubro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e con parte da directiva da entidade para avaliar a situación actual do comercio galego.

No encontro expuxéronse as prioridades deste sector para avanzar na súa transformación e adaptarse ás necesidades dos consumidores co obxectivo de dinamizar a súa actividade. Neste sentido, a conselleira trasladou o compromiso do Goberno galego para seguir traballando en eidos como a súa modernización e dixitalización, ademais de incidir en aspectos como a formación e a incentivación do consumo no comercio de proximidade con programas como o Bono Activa Comercio que neste momento ten en marcha a súa nova edición.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2023