Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Trabada

O lume afectou 2.326 hectáreas, a maior parte de monte arborado

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2023

  A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Trabada, parroquia homónima, está extinguido desde as 20,50 h. de hoxe. O lume iniciábase o pasado xoves, día 12 de outubro, ás 15,16 h. 

O incendio afectou unha superficie de 2.326 hectáreas, a maior parte delas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en conxunto, 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. Instalouse, así mesmo, un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas de extinción.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Data de actualización: 15/10/2023