Ángeles Vázquez e o alcalde de Ortigueira analizan vías de colaboración en materia de urbanismo

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2023

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, para analizar posibles vías de colaboración en materia de urbanismo.

Durante o encontro, o alcalde trasladoulle á conselleira a necesidade de avanzar na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que o concello ten como planeamento vixente unhas normas subsidiarias.

Ademais, avaliaron tamén o estado da lagoa de San Martiño. Ante esta cuestión, Ángeles Vázquez lembrou a posibilidade de optar a axudas para os concellos que se localizan dentro das zonas de Rede Natura 2000 para levar a cabo accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies.

No eido do patrimonio natural, o alcalde tamén lle comentou á vicepresidenta segunda o proxecto para a creación dun centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais da localidade.

E, a maiores, a conselleira lembrou que o Goberno galego ten previsto realizar antes de fin de ano a cuarta convocatoria consecutiva das axudas a particulares e concellos para impulsar o fermosismo, unha liña de financiamento á que pode optar este municipio ao contar con menos de 20.000 habitantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2023