A Xunta recibe aos peregrinos da fundación También que fixeron o camiño en bicicletas adaptadas

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe o papel en favor da sensibilización e da plena inclusión que ten o Camiño de Santiago. Díxoo na recepción aos peregrinos da Fundación También, que este mediodía chegaron á praza do Obradoiro.

Este grupo, formado por persoas con discapacidade, familiares e amigos, saíu o pasado xoves de Palas de Rei e en cinco etapas percorrer coas súas bicicletas adaptadas os arredor de 60 quilómetros que separan o municipio lucense da capital galega. Entre os peregrinos atopábanse a xornalista Irene Villa, que ademais é madriña desta iniciativa, e o actor Jesús Lago, recoñecido polo seu traballo na película ‘Campeones’.

Data de actualización: 15/10/2023