A Xunta mellora desde este vindeiro luns a conexión dos servizo de autobús entre A Coruña e Arteixo coa incorporación de novas paradas nun total de 25 liñas

Incorpórase a parada IES Urbano Lugrís-Fenosa no percorrido de 17 liñas e a parada A Moura no itinerario doutras 8

A información precisa sobre estas modificacións poderá consultarse na web www.bus.gal

A Xunta reforza a conexión entre ambos os dous concellos e atende unha demanda do Concello de Arteixo

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023 A Xunta mellora desde este vindeiro luns, día 16 de outubro, a conexión dos servizos de autobús entre os concellos da Coruña e de Arteixo mediante a incorporación de novas paradas nun total de 25 liñas.

Así, deste este vindeiro luns, incorporarase a parada de paso IES Urbano Lugrís-Fenosa no percorrido de 17 liñas de autobús e, por outra banda, a parada A Moura, encadrarase nos itinerarios doutras 8 liñas.

Coa incorporación destas novas paradas se axusta a oferta de servizos ás condicións de demanda existentes, mellorando a conexión do transporte público da Xunta, ampliando as opcións de viaxe dos usuarios e facilitando os seus desprazamentos en resposta a unha solicitude do Concello de Arteixo.

A información relativa a estes cambios estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Data de actualización: 13/10/2023