A Xunta participa na Coruña na celebración da patroa da Garda Civil

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participaron esta mañá na Coruña na celebración do día da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar. Tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/10/2023