Activo un incendio forestal no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2023
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada.
O lume iniciouse ás 21,34 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 21 brigadas, 14 motobombas e 2 pas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.