A Xunta inicia unha nova programación de accións formativas ocupacionais para persoas en situación ou risco de exclusión social

Impartiranse 26 cursos que suman 2.650 horas lectivas para preto de 400 persoas

Esta oferta formativa está programada polos 18 equipos comarcais de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e os dous equipos de inclusión dos centros penitenciarios de A Lama e de Teixeiro

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2023 A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, comezou este mes a nova proposta de accións formativas ocupacionais para persoas en situación ou risco de exclusión social. En total impartiranse 26 cursos que suman 2.650 horas lectivas para preto de 400 persoas.

Esta oferta formativa está programada polos 18 equipos comarcais de inclusión sociolaboral do Consorcio e os dous equipos de inclusión dos centros penitenciarios de A Lama e de Teixeiro. Ademais, está vinculada ás demandas do tecido empresarial e ás necesidades das persoas que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

Os contidos e materias incluídos en cada curso son o resultado dun proceso de análise do mercado laboral e das necesidades formativas dos participantes. Tamén se tivo en conta a reprodución de diversas actividades que tiveron éxito de contratación no tecido produtivo da zona onde se desenvolveron.

Os Equipos de inclusión sociolaboral do Consorcio desenvolven a súa actividade no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, financiada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE).

Data de actualización: 12/10/2023