Miranda anima ao ABC partido de Corcubión, como novo membro da comisión delegada do consello de comunidades galegas, a seguir avanzando na mellora do potencial dos centros galegos do exterior

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión de Bos Aires, Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, que se converteu o pasado mes de setembro en novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ambos analizaron o traballo conxunto a poñer en marcha nos próximos anos para avanzar na mellora do potencial das institucións galegas do exterior.

Rodríguez Miranda destacou o labor desta entidade que traballa en prol da colectividade galega de residentes na capital arxentina e na promoción da cultura galega entre os seus descendentes. A Asociación Benéfica Cultural (ABC) de Corcubión de Bos Aires é unha entidade centenaria que é un referente para a colectividade galega no Río de la Plata.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/10/2023