Rivo conmemora coa Garda Civil de Ourense o día da súa patroa

Ourense, 12 de outubro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén,  nos actos de conmemoración da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, que tiveron lugar na Catedral de San Martiño de Ourense e no cuartel de Santa Mariña.

Coa súa presenza, a representante autonómica quixo apoiar o esforzo das mulleres e homes da Garda Civil na seguridade das galegas e dos galegos, especialmente dos que viven no rural.

Data de actualización: 12/10/2023