Ana Ortiz destaca o labor social da II Regata inclusiva Vigo a vela

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este domingo na entrega de premios da segunda edición da proba náutica

Vigo, 8 de outubro de 2023 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este domingo o labor que realiza a II Regata Inclusiva “Vigo a Vela” para achegar o mar ás persoas con discapacidade. Así o fixo durante a entrega de premios da segunda edición da proba que contou con preto dun centenar de participantes.

A regata celebrouse na ría de Vigo cun percorrido a vela no que participaron persoas con diferentes discapacidades. Na clausura da proba, ademais da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, participaron Diego Maraña, CEO de Mundinova; Laura Moya, socia fundadora de Sailway; e representantes do Real Club Náutico de Vigo e Asdegal.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2023