A Xunta recoñece o labor do GDR Terras de Compostela no seu 15 aniversario

Vedra (A Coruña), 6 de outubro de 2023 A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe no acto polo 15 aniversario do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, que tivo lugar no Pazo de Vista Alegre de Vedra.

Ao longo da xornada organizouse un evento con varias actividades para celebrar o aniversario desta asociación da que forman parte os concellos Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, A Baña, Negreira e Santa Comba. Inés Santé clausurou o acto e destacou o labor que desempeñan este tipo de entidades no rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023