A Xunta avoga en Barreiros pola suma de esforzos para combater a violencia de xénero

Barreiros (Lugo), 6 de outubro de 2023 A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Barreiros na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, onde destacou a importancia da colaboración entre todas as institucións para seguir loitando contra a violencia de xénero e erradicar os comportamentos machistas na sociedade.

Vázquez indicou que as vítimas non están soas: “Puxemos, poñemos e poñeremos todos os recursos necesarios para garantirlles un futuro en liberdade, tanto no eido persoal como no familiar, no social e no laboral”, afirmou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023