A Xunta participa no peche das marchas ciclistas de Special Olympics como mostra do apoio ao talento diverso, inclusivo e igualitario

Vilagarcía de Arousa, 8 de outubro de 2023

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe nas XI Marchas ciclistas unificadas, organizadas desde o pasado 5 de outubro por Special Olympics Galicia.

A xornada de hoxe puxo o colofón a este evento deportivo que busca promover o deporte como elemento chave para o impulso da igualdade e a plena inclusión; en definitiva, para promover os talentos diversos entre as galegas e galegos.

 
Data de actualización: 08/10/2023