A Xunta reforza a promoción turística internacional de Galicia con accións nos mercados europeo, americano e asiático

En colaboración co Consejo Jacobeo, un grupo de turoperadores de Bruselas, Estocolmo, Lisboa, México, Oslo, Sao Paulo, Tailandia, Indonesia, Filipinas e Australia rematan esta fin de semana a súa viaxe a distintos puntos do Camiño de Santiago

Tamén coñecen o destino un grupo de xornalistas alemáns e se vén de participar en distintas accións para axencias de viaxe de Uruguay, Chile e Arxentina

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2023

O traballo de promoción internacional que desenvolve a Xunta de Galicia do destino céntrase nestes días nos mercados europeo, americano e asiático a través de distintas accións.

Así, en colaboración do Consejo Jacobeo, esta fin de semana finaliza unha viaxe de axentes turísticos de distintos mercados emisores interesados no Camiño de Santiago. Son, en concreto, 11 touroperadores procedentes de Bruxelas, Estocolmo, Lisboa, México, Oslo, Sao Paulo, Tailandia, Indonesia, Filipinas e Australia, que visitaron varios tramos da ruta xacobea. A viaxe de familiarización tamén incluiu un workshop de traballo entre os touroperadores e diversas empresas do sector galego para establecer lazos comerciais.

Tamén se está a celebrar unha viaxe con xornalistas procedentes de Alemaña en colaboración coa Oficina de Turismo de Berlín e xunto a de Buenos Aires presentouse o destino a 40 axencias de viaxes nas ciudades de Montevideo, Santiago de Chile, e Buenos Aires. Por outra parte Turismo de Galicia participa tamén estes días expositor na Regata Barcolana de Trieste, a maior regata de vela do mundo que cada ano atrae a milleiros de participantes e visitantes. Desde alí promóvese a oferta galega xeral así como os recursos relacionados co turismo náutico-deportivo da Comunidade.

Estas accións enmárcanse no traballo da Xunta de Galicia por reforzar a promoción internacional do destino, un mercado que está a experimentar unha rápida recuperación. Así o demostran os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) onde destaca especialmente o comportamiento do mercado extranxeiro que incrementou o número de noites nun 11,5% en relación ao verán pasado. Con preto de 1,1 millóns de noites nos establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, o turismo internacional conseguiu un máximo histórico de noites durante os meses de xullo e agosto.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2023