O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibe ás representantes da plataforma Loita

Pontevedra, 6 de outubro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, recibiu ás representantes da plataforma Loita no Edificio Administrativo da Xunta.

O delegado mantivo unha reunión onde as representantes de Loita fixeron fincapé na súa iniciativa que pretende modificar os protocolos das cesáreas que se practican en Galicia para permitir que o pai estea presente no momento do nacemento.

Reguera escoitou os motivos amosados e indicoulles que a Xunta de Galicia xa se atopa estudando esta posibilidade e que queda agora escoitar os criterios dos médicos e dos especialistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023