Xosé Merelles recibe á delegación xaponesa do itinerario Kan-Non que percorreu o Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe aos responsables dos templos budistas do Camiño Kan-Non, Kenjoo Ooki e Hendo Okamura, no marco das conmemoracións do irmandamento co Camiño de Santiago que se están a celebrar estes días en Galicia. Tras coñecer distintos tramos da ruta xacobea durante esta semana e facer algúns tramos a pé, a delegación xaponesa chegou a Santiago de Compostela onde esta tarde continuarán as celebracións con actividades para o público.

Ás 19,00 horas, a Igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario acollerá o recital de piano da compositora Mine Kawakami, que terá como artista convidado ao organista Adrián Regueiro e incluirá cantos budistas a cargo de Hendo Okamura. Tamén se inaugurará a exposición Os Camiños de Kan-Non e Santiago. Espiritualidade e Cultura, organizada pola Xunta de Galicia. Culmínanse así as conmemoracións oficiais da alianza entre ambas rutas de peregrinación resultado de encontros previos entre o máximo responsable do templo budista Kan-non Sttoj e representantes de Turismo de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023