Rivo reúnese co Grupo Alvariño co obxecto de consolidar o emprego nos sectores nos que opera a compañía, especialmente nas TIC e nas enerxías renovables

Pontevedra, 5 de outubro de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo hoxe en Pontevedra un encontro con representantes do Grupo Alvariño para coñecer os proxectos nos que está a traballar en diferentes sectores. Trátase dunha empresa familiar con máis de 75 anos de historia inicialmente dedicada á automoción que vén realizando un importante esforzo por diversificar a súa actividade. 

Nesa liña, a conselleira tratou cos representantes do grupo as súas liñas estratéxicas e as súas necesidades e demandas co gallo de consolidar o emprego no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ou no das enerxías renovables, que integran a actividade da compañía xunto co ámbito inmobiliario ou o dos seguros, entre outros.

 
 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023