Trenor participa no acto central con motivo do Día Mundial de Parálise Cerebral organizado por Aspace

Sada (A Coruña), 5 de outubro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou nos actos de celebración do Día Mundial de Parálise Cerebral organizados por Aspace, que este ano se centra na importancia da atención temperá para as persoas con parálise cerebral e outras patoloxías afíns.

O delegado da Xunta lembrou que o Goberno galego apoia, ano tras ano, a esta entidade desde a súa creación en 1991 e que nestes momentos financia a prestación de 43 prazas nos centros de Amencer-Aspace por un total de 721.000 €.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2023