A Xunta destaca na feira Iberflora o potencial do sector das plantas ornamentais de Galicia

Valencia, 4 de outubro de 2023

O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, estivo presente hoxe na feira Iberflora, que se está a celebrar ata mañá en Valencia. A Xunta participa nesta edición cun espazo expositivo de 600 metros que acolle aos expositores galegos.

O director da axencia puxo en valor o sector e o traballo das empresas que representaron a Galicia nesta mostra internacional. Trátase dun sector que xera unha facturación superior a 60 millóns de euros e crea 1.200 postos de traballo directos. Ademais, a metade da súa produción véndese no mercado internacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2023