A Xunta propón avanzar cara unha sociedade inclusiva que teña en conta as necesidades das mulleres maiores

Ourense, 3 de outubro de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de presentación da asociación Miranda Mulleres +60, nova entidade que nace co reto de abordar a situación das mulleres maiores e atender as súas demandas no eido económico, social ou cultural.  

Dar visibilidade social ás mulleres e defender os seus intereses son algúns dos obxectivos da asociación radicada en Ourense que calcula que este colectivo de mulleres maiores de 60 anos representa o 32 % da poboación da cidade. Na mesma liña, a nova Lei de Igualdade, que a Xunta de Galicia está a tramitar no Parlamento, avanzará na denominada discriminación múltiple, cando nunha mesma persoa concorren circunstancias de idade, etnia ou sexo que condicionan o seu pleno desenvolvemento en condicións de equidade. Trátase de camiñar cara unha sociedade inclusiva que teña en conta as necesidades de todas as persoas e erradique calquera tipo de discriminación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2023