A Xunta avoga por aproveitar o talento feminino e a entrada de mulleres en sectores masculinizados con medidas de conciliación axeitadas ás súas necesidades

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023 A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, asistiu hoxe á clausura da xornada Traballando co M, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na que avogou por aproveitar o talento feminino e reforzar as medidas de conciliación que permitan ás mulleres acceder a actividades tradicionalmente masculinizadas. 

A secretaria xeral destacou o compromiso da Xunta de Galicia por incorporar mulleres en todos os sectores e pola abordaxe das necesidades específicas das mulleres no eido das relacións laborais. Vázquez incidiu en que o Goberno galego mantén un compromiso firme coa conciliación do colectivo de mulleres profesionais e co impulso da iniciativa empresarial a través de programas de emprendemento feminino como o Emega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2023