A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión esta mañá coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz

A Xunta estuda co Concello de Teo a creación dun novo centro de día de atención a maiores

O Goberno galego colabora coas Administracións locais na posta en marcha de máis e mellores servizos de atención como o Servizo de Axuda no Fogar

Teo (A Coruña), 2 de outubro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión esta mañá coa alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz. Durante o encontro estudaron a creación dun novo centro de día de atención a maiores que atenda a demanda deste tipo de servizos de atención nesta localidade.

 

A conselleira sinalou que o Goberno galego mantén a man tendida para colaborar coas administracións locais na posta en marcha de máis e mellores servizos de atención a maiores. Neste sentido, lembrou que a Xunta segue a reforzar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ao que este ano se destinan máis de 112 millóns de euros.

 

Así mesmo, Fabiola García puxo en valor a creación de programas para apoiar ás persoas coidadoras como o Respiro Familiar; ou o Benestar en Balnearios, que ofrece 1.200 prazas para que as persoas maiores poidan desfrutar de estadías en establecementos turísticos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2023