A Xunta promove o festival de cultura urbana Demostra , no concello de Mos

Mos (Pontevedra), 2 de outubro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na presentación do festival de cultura urbana Demostra, que terá lugar este sábado en Mos. Esta iniciativa reunirá a amantes desta disciplina no Skatepark de Pereiras.

Cristina Pichel puxo en valor a posta en marcha de iniciativas que atendan ás preferencias e intereses da xuventude. Ao longo de todo o sábado, realizaranse no concello pontevedrés exhibicións de grafitti, skate, BMX ou scooter, entre outras actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2023