Román Rodríguez confía no diálogo coas organizacións sindicais para chegar a un acordo de mellora educativa que beneficiará ao conxunto do sistema

O conselleiro inaugura unha xornada formativa sobre os novos currículos galegos na que participan 150 docentes

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2023  O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, amósase confiado no diálogo coas organizacións sindicais para artellar un acordo de mellora educativa que beneficiará ao conxunto do sistema, tanto ao alumnado como ao profesorado.

Con motivo da apertura dunha xornada formativa sobre os novos currículos con 150 docentes, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora continua do sistema educativo galego para que siga liderando os principais indicadores como a calidade, a inclusión ou a atención á diversidade, entre outros.

Nesta xornada, integrada nas accións do Plan de formación do profesorado impulsado pola Xunta, abordaranse ao longo do día cuestións como a normativa, as novidades e a estrutura dos mesmos. Tamén se afondará en eidos como a avaliación competencial ou os plans educativos para cada unha das etapas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/09/2023