O conselleiro Román Rodríguez súmase ao público das celebracións do 30 aniversario do CGAC

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos centrais das celebracións do 30 aniversario do CGAC que inclúe distintas actividades de balde e abertas ao público. En concreto, asistiu ao espectáculo de danza vertical Finale e á proxección do videomapping 3D nas fachadas do edificio.

A estas actividades sumaranse mañá tres concertos nos exteriores do museo a partir das 21,00 horas a cargo de Faia, o grupo de rap compostelán Malandrómena e a banda Jungle by Night. A elas engádense dúas exposicións que son unha oportunidade para ver a valiosa colección artística de arte contemporánea coa que conta o CGAC: Implosión: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975) e Traballo en equipo. 30 anos do CGAC.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/09/2023