A Xunta participa no acto de entrega dos distintivos benestar social organizado polo concello de Boiro

Boiro (A Coruña), 29 de setembro de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta tarde na entrega do Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro, un premio que ten como finalidade recoñecer a persoas, entidades ou empresas polas accións realizadas en beneficio da cidadanía.

Nesta segunda edición do certame os galardoados foron os seguintes: o Distintivo ao Voluntariado recibírono as voluntarias e voluntarios do programa de apoio educativo de Cruz Vemella; o Distintivo á Entidade Social foi para a Asociación Ambar; o Distintivo á Inclusión recaeu no Club de Remo Cabo de Cruz; o Distintivo ao Sector Empresarial obtívoo a Clínica Dental Rebeca Ozores; o Distintivo aos Méritos Extraordinarios recoñeceu o traballo de Guadalupe Tubío Outeiral, directora de Cáritas Boiro; e o grupo de voluntariado xuvenil Turbina levou o Distintivo á superación e o exemplo.

Data de actualización: 29/09/2023