A Xunta apoia á asociación xuvenil betanceira Pesquedellas na súa iniciativa "Xogos Florais"

Betanzos (A Coruña), 1 de outubro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na segunda edición da iniciativa Xogos Florais promovida pola asociación xuvenil betanceira Pesquedellas e financiada no marco de Iniciativa Xove, programa que o Goberno galego desenvolve para favorecer a participación activa da xente moza. Mediante este proxecto, a mocidade realiza recitais de poesía nos que compiten por premios e promoven a cultura e a lingua galega.

O evento tivo lugar no claustro de Santo Domingo, en Betanzos, e completouse con outras iniciativas que se puxeron en marcha no Espazo Xove desta localidade coruñesa. A directora xeral animou á mocidade a poñer en marcha novos proxectos coma este que dean resposta aos seus intereses e inquedanzas.

Data de actualización: 01/10/2023