O delegado visita as obras de mellora dos aseos e instalación dunha cuberta no CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

As obras foron posibles grazas a unha inversión da Xunta de preto de 90.000 euros

O delegado territorial lembrou a vontade da Xunta de seguir traballando para que alumnado e profesorado poidan traballar nas mellores condicións posibles

 

Ribadumia, 29 de setembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras levadas a cabo no CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia.

En concreto, os traballos consistiron na instalación dunha cuberta na zona do acceso ao centro, que evitará que pais e alumnos se mollen nos días de choiva. Ademais, realizouse un acondicionamento dos aseos. Ambas actuacións foron posibles grazas a un investimento por parte da Xunta de preto de 40.000 e 50.000 euros respectivamente.

Cabe destacar que o centro foi renovado e reacondicionado hai tres anos cunha obra que superou os 800.000 euros de inversión e que permitiu renovar boa parte deste edificio inaugurado nos anos 60. Ao tratarse dunha actuación que tiña como obxectivo principal a eficiencia enerxética, os aseos non entraron en dita renovación.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar o compromiso da Xunta co sector educativo e o esforzo constante para que “tanto o alumnado como o profesorado galegos traballen nas mellores condicións posibles”.

Plan de Nova Arquitectura

Plan de Nova Arquitectura pedagóxica constitúe a folla de ruta coa que a Xunta está a modernizar as instalacións educativas facendo fincapé en cuestións como a mellora da eficiencia enerxética ou accesibilidade, entre outros aspectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/09/2023